Non hai fronteiras para o galego | Olaia Maneiro (Tanxugueiras) | LGx15

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 27 авг 2024
  • Intervención de Olaia Maneiro (Tanxugueiras) no LGx15 de 2022
    ---
    Partindo do legado das pandereteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, Tanxugueiras reinterpretan os sons da tradición fusionándoos con outros ritmos para entregarllos ao mundo con orgullo polo propio. E nese orgullo ten un valor primordial o noso idioma, o vehículo para transmitir de onde vimos e o que somos e procuramos como artistas.
    ---
    Olaia Maneiro xunto con Sabela Maneiro e Aida Tarrío son Tanxugueiras (tanxugueiras.c..., tres cantareiras para unha nova década. Só elas son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu apoderamento, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.
    O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzarllo de novo ao mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que xa as fixo triunfar en escenarios de varios países.
    Co seu primeiro álbum homónimo, publicado en 2018, o trío inicia unha traxectoria que as leva a visitar, en só tres anos, máis de 100 escenarios de todo o planeta acompañadas polas súas pandeiretas. No 2019 chega Contrapunto, un disco que incrementa as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais, ateigadas de arranxos e harmonías diversas.
    Xa no 2021, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro comezan a explorar con curiosidade coa colaboración do produtor Iago Pico a fusión da tradición e a potencialidade das súas voces con sonoridades urbanas e modernas, ata converterse no que son hoxe en día: unha das propostas máis innovadoras, auténticas e sorprendentes do país.
    Aválanas éxitos como ‘Midas’, ‘Figa’, ‘Averno’ (colaboración con Rayden) ou ‘Terra’ (con máis de 11.000.000 escoitas nas plataformas dixitais a finais de xaneiro), tema co que se alzaron como as favoritas do público no Benidorm Fest, competindo por ir a Eurovisión con artistas como Rigoberta Bandini, Chanel, Varry Brava ou Javiera Mena. Todo forma parte do seu novo disco, Diluvio, que veu a luz neste 2022 e co que presentan un potentísimo show. Nel mostrarase a nova sonoridade creada pola banda.
    Son o son dun pobo internacionalizado. Son a cultura tradicional na pista de baile. Son todos os mundos nun só. Porque para Tanxugueiras “non hai fronteiras”.
    ---
    #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Capitol | Santiago de Compostela | 27 de outubro de 2022 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal

Комментарии • 6

  • @xosegomez1905
    @xosegomez1905 Год назад +5

    Grande muller ,grazas por defender a nosa lingua👏👏❤

  • @xosemariamoreno991
    @xosemariamoreno991 Год назад +11

    Compartide isto cos vosos contactos. Que gran exemplo dan estas enormes mulleres!

  • @isabelgraciaslema1697
    @isabelgraciaslema1697 7 месяцев назад

    👏👏👏👏👏👏👏👏

  • @josegrilo9641
    @josegrilo9641 Год назад +6

    Eu sou português, mas esta língua também é a minha língua. Minha avó era galega. Onde vivo muitas das palavras são iguais, apesar de as escreverem de forma diferente, por exemplo, onde vivo dizem tamén, mas escrevem também, muitas das velhinhas dizem auga,..... Enfim. Viva a nossa língua

  • @belen4507
    @belen4507 Год назад +1

    Que importante o que fai neste falar a nosa Tanxugueira!.

  • @bitalouable
    @bitalouable Год назад +5

    Contexto meu, pequeno pobo onde a xente viña das aldeas e os pais sendo galegos parlantes falaban os fillos en castelán, colexios en castelán... moito dano fixo esto. Miña nai falou galego sp, nunca mudou a sua lingua e reñiame cando eu falaba coas amigas en castelán. Ahora sego a ver o mesmo cos avos e os netos, q magoa. Máis divulgación e referentes na nosa lingua é o q precisamos.