Это видео недоступно.
Сожалеем об этом.

Alalá nº 133 "O proceso do pan en Valga" - TVG

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 25 фев 2016
  • Alalá nº 133 "O proceso do pan en Valga" - TVG
    Data de emisión en Televisión de Galicia: 9 de xaneiro do 2009
    Lugar: Valga
    Visita a nosa canle: alala.crtvg.es
    ¿Cómo se fai o pan? Amásase fariña de trigo ou de millo con auga, sal e ás veces manteiga e ovos. Pero ¿de ónde sae a fariña? Algo que é obvio para os maiores non o é para os nenos, que pensan que o pan, como todo, sae do supermercado. Para que o entendan hai que contarlles que indo cara atrás pásase polo muíño onde se moe o gran; pola malla do trigo, onde se separa o gran da palla; pola sega na que se recolle a planta do trigo e chégase por fin á orixe, á sementeira. Cada un destes pasos do proceso do pan era antes unha verdadeira festa na que se xuntaba toda a aldea e na que o traballo se mesturaba coa diversión, coas merendas e a música. No concello de Valga quixeron que os nenos viviran todo isto e para iso organizaron uns Encontros Interxeracionais nos que os maiores aprenderon ós máis pequenos cómo se facía cada unha destas tarefas. Desde que se sementaba o gran na leira ata a gran festa que supoñía noutrora comer o pan de trigo.
    José do Rato, cos seus 91 anos, foi un dos grandes mestres para os pequenos. E as pandereteiras de Moldes puxeron a música. Esta foi a terceira edición dos Encontros Interxeracionais de Valga e todos quedaron encantados porque cumpliron os seus obxectivos: os pequenos aprenderon a divertirse doutro xeito; e os valores do traballo en común, da convivencia, do respecto ós maiores e á natureza. Os maiores disfrutaron lembrando outros tempos, aprendendo o que saben ós máis novos e descubrindo que iso que saben, e eles mesmos, son moi útiles á sociedade moderna. Sobre todo, pasárono en grande todos xuntos. Ah!, e fixeron o pan. Un pan cheo de cousas boas e que lles soubo mellor que nunca.

Комментарии • 1