NOGUEIRA DE RAMUIN QUE VER 🏞

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 2 окт 2024
  • Hoy en nuestro recorrido por Nogueira de Ramuín visitaremos
    Bambán do Solpor
    Elemento icónico situado nas proximidades da Necrópole Megalítica de As Cabanas de Moura e de gran aceptación popular, que permite gozar dunhas extraordinarias vistas cara a poñente, sendo especialmente fermosas no solpor, de aí o seu nome.
    Ermida da Costria (VIÑOÁS)
    Miradoiro de "A LAMPA" (MOURA)
    A preciosa panorámica que nos ofrece este miradoiro sobre o Canón do Sil, permítenos contemplar o discorrer do río entre as presas de San Esteban e San Pedro. Na vertente ourensá divisaremos o Mosteiro de San Esteban e a frondosidade dos bosques de carballos e castiñeiros que a cobren. Na ladeira lucense contemplaremos o pobo de Pombeiro, onde se sitúa o antigo Mosteiro do mesmo nome, a pequena aldea de San Cosmede e a vía férrea que leva á estación de Santo Estevo dirección Monforte de Lemos.
    Miradoiro de "Os Penedos do Castro"
    Desde este antigo xacemento da idade do ferro poderemos obter as mellores instantáneas do Mosteiro de San Esteban e a súa contorna. Un precioso miradoiro ao que accederemos desde o lugar de Pombar ou ascendendo desde o mesmo pobo de San Esteban e que forma parte do percorrido do chamado Camiño Natural da Ribeira Sacra.
    Mosterio de Santo Estevo de Ribas de Sil
    Monumento Histórico-Artístico declarado (1923). Mosteiro benedictino situado no característico bosque caducifolio, cuxa existencia está documentalmente probada no século X, aínda que a súa orixe parece remitirse aos séculos VI e VII. Igrexa de base románica pero con elementos de estilo gótico, observables na súa planta basilical de tres naves e tres ábsidas semicirculares. A destacar os arcos de medio punto, o retablo de pedras e as bóvedas. Mosteiro con fachada barroca do século XVIII e tres claustros (1 románico - gótico e 2 renacentistas)
    Embarcadoiro de Santo Estevo
    A só 32 quilómetros da capital ourensá e a 12 da localidade de Luíntra , no encoro de Santo Estevo, sitúase o embarcadoiro do catamarán que realiza o traxecto fluvial polo impresionante Canón do río Sil. Milleiros de persoas achéganse cada ano ata este punto do noso concello co fin de coñecer de primeira man as sensacións que ofrece esta marabillosa travesía de hora e media por unha das paraxes máis agrestes da Galicia interior.
    O mellor Banco da Ribeira Sacra (Miradoiro Ribeira Sacra)
    No lugar coñecido por 'A Pena do Probe', preto do miradoiro de Pé do Home, poderemos sentarnos neste elemento icónico a contemplar a preciosa panorámica sobre o embarcadoiro e a presa de Santo Estevo.
    Miradoiro de "PÉ do HOME" (Albergueria)
    Espectacular miradoiro na parroquia de Santiago de Cerreda desde o que divisaremos o embarcadoiro de Santo Estevo, na zona ourensá, e o pequeno peirao de Os Chancís, a pé da ladeira lucense. Os impresionantes bloques graníticos que observamos desde aquí, crebados fai máis de 50 millóns de anos, e entre os que sucan as augas do Sil as embarcacións de recreo, dannos unha idea da maxestosidade da natureza neste punto.
    A Alvariza do Vello
    Elemento etnográfico bastante ben conservado, que outrora facia ás veces de construción protectora das colmeas ante a ameaza dos osos para procurar o delicioso manxar que estas contiñan, o mel.
    Miradoiro de "Vilouxe" (Vilouxe)
    Nos límites co Concello de Parada de Sil atópase o lugar de Vilouxe, desde aí poderemos acceder ata o miradoiro, posiblemente, máis impactante de cuantos miran ao Canón do Sil dentro do noso municipio. Teremos enfronte noso a inmensa mole granítica que perfila o coñecido meandro e que xunto ás tomas realizadas desde o Miradoiro de Cabezoás ou desde o de Balcóns de Madrid, ambos en terras de Parada, sexan talvez as máis difundidas deste singular espazo natural.
    Ermida da Virxe do Monte (Loña Do Monte)
    Na parroquia de Loña do Monte e situada a máis de 900 metros de altitude, atopámonos con esta ermida do século XVIII consagrada na honra á Virxe María. A edificación sitúase nun precioso enclave de media montaña e rodeada dunha área recreativa onde cada 15 de agosto celébrase unha multitudinaria romaría, con procesión incluída, que reúne a veciñas e veciños de toda a contorna, os cales acabarán descendendo á Santa, camiñando uns 4 quilómetros, ata devolvela á igrexa parroquial.
    Grabado por No Allo

Комментарии • 5

  • @NoAllo
    @NoAllo  2 года назад

    Suscríbete al canal ahora 🔰
    ruclips.net/user/NoAllo

  • @placidobaamonde6374
    @placidobaamonde6374 2 года назад +1

    A beleza suprema. E a nosa bandeira galega flamexando e presidindo no alto dese paraíso.

    • @NoAllo
      @NoAllo  2 года назад

      En nogueira encontramos moitas bandeiras ondeando nos puntos mais estratéxicos, unha gozada

  • @pauli3008
    @pauli3008 2 года назад +1

    Espectacular 👍🏼👍🏼

    • @NoAllo
      @NoAllo  2 года назад

      Grazas 😍