Festividade do Carme dos Pincheiros 2022

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 18 ноя 2024
  • Días nos cales nas rúas se vive un ambiente de festa; e é que é festexado tanto pola xente da vila coma pol@s visitantes coma pol@s veciñ@s da comarca do Barbanza. As comparsas de xigantes e cabezudos, as bandas de música, as charangas, o baile e a música de grupos tradicionais, orquestras, os “San Juerguines”, os xogos populares, a festa da auga, os fogos artificiais... teñen lugar na 3.ª fin de semana do mes de agosto, cuxo día grande é o domingo no cal pola tarde se celebra a procesión.
    Celébrase en agosto porque se conserva a tradición dende os tempos antigos en que os mariños que se dedicaban á pesca coa técnica do pincho celebraban a festa na honra da Virxe do Carme cando remataban coa campaña no devandito mes.

Комментарии •