CRÓNICA 9 | A Balteira

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 21 окт 2024
  • Na corte de Afonso X O Sabio, traballou a soldadeira máis popular do reino medieval da Galiza: a indómita María Pérez Balteira, que a pesares de ser filla dunha rica familia fidalga, preferiu cantar e bailar na corte do rei, como estratexia para evitar o sometemento do matrimonio. A súa lenda segue inspirando a autores e autoras dos nosos días que a ven como unha avanzada na loita contra as ríxidas normas coas que o sistema patriarcal marcou sempre o territorio feminino.
    "Crónicas dunha desmemoria" é un proxecto financiado polo Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia da área de Cultura da Deputación da Coruña. Realizado por O Cable Inglés, conta coa colaboración de Edicións Xerais.

Комментарии • 6