Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra - Contra vento e marea (Festival Revenidas, 09/09/2023)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 2 май 2024
  • Venres 9 de setembro do 2023, Rebeliom do Inframundo debían pechar a xornada do Revenidas. Ese concerto tiña un plus engadido, pois estaba previsto que subiran con eles as Fillas de Cassandra a estrear esta marabillosa canción conxunta. Unha inoportuna tormenta eléctrica obrigou a suspender ese agardado concerto.
    A organización do Revenidas regalounos unha segunda oportunidade programando o concerto de Rebeliom ao final do día seguinte, máis a presenza das Fillas non semellaba posible, posto que tocaban esa mesma noite en Coruña. Porén, nunca se deben subestimar ás forzas Dionisíacas.
    Cando vin aparecer na entrada do escenario a Sara e María non o podía crer. Pero vós?...estades tolas! díxenlles e elas contestáronme que igual un pouco sí, pero que ese día tiñan que estar pechando con Rebeliom...contra vento e marea se era necesario. E así foi. Despois de encher María Pita esa noite, percorreron a AP 9 dirección sur para presentarse en Vilaxoán pasadas as 4 da mañá co tempo xusto para quentar a voz ás presas antes de subir a cantar este tema.
    A calidade do vídeo non é demasiado boa porque colleume coa cámara xa sen batería e tiven que tirar do móvil, pero quería deixar un recordo daquel momento.
  • ВидеоклипыВидеоклипы

Комментарии • 1