Miña nai

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 10 сен 2024
  • Poema de Isabel Cid inspirado na copla tradicional “Miña nai, miña naiciña,/ como a miña nai, ningunha,/ que me quentaba a cariña/ co caloriño da súa”.
    Miña nai
    Miña nai, miña naiciña,
    como a miña nai, ningunha.
    A miña nai deume a voz
    pra poder cantarlle á lúa.
    E coa voz tamén os versos,
    palabriñas cantadoras,
    coas que susurrar ó vento
    coas que lle falar á aurora.
    Miña nai, miña naiciña,
    como a miña, outra non hai.
    A miña nai deume o alento
    para lle escribir ao ar.
    Que ti podes, miña filla!
    Que ti vales máis co ouro!
    Ti es o meu ben máis querido!
    Ti es o meu sol, meu tesouro!
    Miña nai, miña naiciña,
    miña nai non é calquera.
    A miña nai deumo todo,
    máis daría se poidera!
    Deume tardes cheas de contos
    pra camiñar entre estrelas.
    Tardes de azucre e de amor,
    tardes de mel nas merendas.
    Miña nai, miña naiciña,
    como a miña nai, ningunha.
    A miña nai deume a vida
    e por min tamén dá a súa.
    - Isabel Cid -
    Poema, voz e montaxe: Isabel Cid
    Pintura: Leandro Lamas
    Música: Atlantic Folk Trio

Комментарии •