Fisterra

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 10 фев 2025
  • Vistas do Cabo Fisterra, Monte Pindo, a ría, o pobo e as praias de Mar de Fóra e Langosteira.
    Pola estrada que leva ao faro, a uns 300m. antes de chegar, hai unha subida á dereita que nos leva a un alto do Monte Facho onde se atopan os restos da ermida de San Guillermo, un dos xacementos de maior importancia e interese tanto pola súa significación mitolóxica como polo lugar onde se atopa. Foi construída no S.VII e destruída pola igrexa no S.XVIII.
    San Guillermo foi un dos enclaves escollidos na Idade Media como meta de peregrinos do Camiño Xacobeo.
    No 1745, O padre Sarmiento escribiu "Non fai moito tempo había unha pila ou cama de pedra na que se deitaban marido e muller, que por estériles, recurrían ó Santo e a aquela ermida"
    Nesta parte do noroeste peninsular sempre houbo culto ás pedras e non só pola variedade de formas senon por ser para os antigos pobos celtas o fin da terra coñecida.
    Aquí na ermida de San Guillermo practicábanse cultos pagáns asociados ó Ara Solis (culto ó sol), aínda hoxe hai rúas no pobo con este nome de Ara Solis. Tamén se facían ritos de fecundidade atribuídos á pedra fertilizante coñecida como "a cama do santo". Segundo a tradición, na pedra horizontal que se ve no vídeo, durmían as parellas estériles para concebir fillos, de aquí ben o dito "pasar a muller pola pedra"
    Co cristianismo, o altar á fecundidae mandouse destruir. A lenda fala da existencia dun ermitaño neste lugar.

Комментарии •