QUICO CADAVAL EN CÓRGOMO.m4v

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 7 дек 2024
  • ( Tamén publicado na páxina de Córgomo, clica en "ME GUSTA" de: / corgomo )
    Quico Cadaval no ano 2003, participou no centenario do nacemento do poeta Florencio Delgado Gurriarán, nacido en Córgomo no ano 1903.
    A noite do 26 de xullo, foi noite de tormenta e moita chuvia. Despois dun pregón emocionado i emocionante de Xesús Alonso Montero, resguardámonos da auga nos baixos da Casa do Pobo, e unha parte do público puido asistir a unha noite máxica e irrepetible.
    Quico Cadaval é actor, director e adaptador teatral, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa. Comezou na interpretación teatral a fins dos setenta no Centro Dramático Galego, para, a mediados dos oitenta, fundar a súa propia compañía, "O Moucho Clerc". Traballou en diferentes producións da televisión autonómica galega, así como en curtas e longametraxes. Continúa a traballar no audiovisual como actor e como guionista. Foi profesor de interpretación de "Operação Triunfo" (Portugal, 2003)
    Ganador da XIV edición do Premio Max 2011.

Комментарии •