Somos confrades. Somos Paixón

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 13 янв 2025
  • Rafael Sexto é funcionario da Xunta de Galicia. E cada mércores santo desfila como “carrexador” do Santísimo Cristo da Misericordia na Irmandade dos Estudantes de Santiago de Compostela. Salvador Peña é técnico de actividades institucionais e protocolo na UDC. Ademais é presidente da Xunta de Confrarías da Coruña. Aínda que xa está prexubilado, Ramón Basanta foi durante toda a súa vida laboral director de banca. Hoxe preside a Xunta de Confrarías e a Confraría do Desencravo e da Maior Dor de Lugo. Begoña Pérez é enfermeira no Hospital Clínico Universitario de Santiago. E cada semana santa porta ao Cristo que presidiu durante décadas a capela do Sanatorio da Esperanza polas rúas de Compostela. María da Paz Arenas, ademais de funcionaria da UDC, é voluntaria de protección civil. E cada venres santo desfila na procesión do Santo Enterro polas rúas do Coruña. Miguel Benlloch é electricista e voluntario de protección civil en Fisterra. E cada domingo de pascua revístese de Apóstolo para representar a resurrección “alí onde termina o mundo”. Paula Insua é traballadora de Alcoa. E cada Semana Santa desfila coa Irmandade de mulleres da Santa Cruz polas rúas de Viveiro. José Antonio Puertas é logopeda na Federación Galega de Xordos. E cada xoves santo acompaña ao Noso Pai Jesús Nazareno e á Nosa Señora da Amargura desde a Praza de San Carlos por todo o casco antigo da cidade vella. Alejandro González é suboficial da Armada. E durante toda a semana de paixón percorre Galicia coa Agrupación Musical Nosa Señora do Carmen de Ferrol. Tamara Vázquez tamén é músico desa banda. Aínda que cada día traballa na atención a maiores na residencia DomusVi da cidade departamental. Iván Pereira é cociñeiro no Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Pero cada Semana Santa desfila na Irmandade do Prendimiento de Viveiro e interpreta sones da paixón en Compostela e A Mariña coa Banda da nosa Señora da Misericordia. Alicia Alonso é profesora de infantil no colexio das Jesuitinas da Coruña. E cada sábado santo participa co seu hábito da Confraría de Soidade e o Santo Enterro na procesión de “Os Caladiños” que parte de Orde Terceria. Arturo Reboyras é xornalista. Pero cada venres santo percorre as rúas de Padrón co seu hábito da Confraría do Santo Enterro. Todas e todos eles son confrades e viven dunha maneira singular a Paixón. Durante estes dous anos de pandemia, as súas vocacións profesionais fixéronlles ser testemuñas doutra paixón: a que ninguén querería, pero nos tocou a todos. Por iso, en 2022, volverán vestir as súas túnicas e hábitos dunha maneira moi diferente. Que mellor exemplo para revivir a Paixón nas nosas rúas que poñer cara a todos esos rostros que tantas veces vemos e que, baixo o anonimato dun capirote, tan poucas veces recoñecemos? Que mellor maneira de comprender a súa oración que desvelar a súa vocación? Porque a paixón é iso que nos enardece, nos move, nos proactiva, nos transforma e nos fai mellores. Son nazarenas e nazarenos. Son persoas, como ti e como eu. Pero son confrades. E esa forma de entender a vida failles dedicarse aos demais dunha maneira especial. Recordémolo cada vez que lles vexamos vestidos de Paixón polas nosas rúas. Porque detrás de todos e cada un deses capirotes hai tanta paixón…

Комментарии •