PatriciaLópez FelisaSegade XermánMuíños GonzaloAbelairas XerardoQuintela & KinhosSaburido - Penamá

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 25 дек 2024
  • Terceira paragem do livro cd "Oceanoe. Travessia polo Mar das Antelas"
    Penamá
    Patricia López, Felisa Segade, Xermán Muíños, Gonzalo Abelairas Xerardo Quintela & Kinhos Saburido.
    Letra: Tradicional
    Criação audiovisual de Lucia Cortiñas Lorenzana
    Produção Musical: Sérgio Tannus
    Produção executiva: A Arca da Noe
    Localizações: Fonte e Casa de Juán Escudero (Penamá- Alhariz) e Igreja ( S. Salvador dos Penedos- Alhariz)
    Temos de ir a Penamá, que alí temos quen nos queira.
    E fomos, moitas veces, cantar e tocar con Carmen e con Alfonsa, que veu de Pumares... A última vez chegamos con máscaras de Entroido, de 6 entroidos ourensáns. Cantamos e tocamos con Alfonsa, tamén con Carmen no sentido e no corazón. Carmen está agora en León coa súa familia. Había de levar a súa pandeira.
    Temos de ir á Arca da Noe
    Meniña se vas ao monte
    leva o meu ghado co teu
    unha vaca e un becerro
    pouco ghado teño eu
    E o mozo que anda no baile
    trae un remendo no cú
    quen cho botou ‘alanghrán’
    quen cho botou senon tú
    Miña nai miña naiciña
    miña nai do corazón
    a tódalas vexo vir-e
    pero a miña nai non
    Heicho de dar queridiño
    heicho de dar que o teño
    heicho de dar queridiño
    o anillo do meu dedo
    Polo rio baixa baixa
    a casca dunha laranxa
    eu ben sei onde dixeche
    que de min non tiñas ansia
    O anillo do meu dedo
    caiu o rio afondou-e
    tan boa ghia che eu levo
    como o anillo levou-e
    Junho 2021
    Músicos:
    Patricia López (voz, pandeireta)
    Felisa Segade (voz, pandeireta, cazola, ferrinho)
    Xermán Muíños (voz, pandeireta, lata)
    Gonzalo Abelairas (sanfona)
    Xerardo Quintela (acordeão)
    Kinhos Saburido (tambor e bombo)

Комментарии •