RAMÓN SOUTO Brumario II (2024)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 31 янв 2025
  • RAMÓN SOUTO (ES, Brumario II (2024)
    ópera de cámara
    Estrea absoluta
    FESTIVAL MÚSICA VIVA
    8 de maio de 2024, 19:30h
    O'culto da Ajuda, Lisboa
    vertixesonora....
    BRUMARIO asume a cualidade nebulosa e incomprensible como condición de ser do mundo que habitamos, un mundo no que a desolación entre a experiencia e a forma é desprazada dende un non-lugar. Sen puntos fixos nin conexións perceptibles, á deriva, BRUMARIO potencia significados e relacións, multiplica direccións de fuga para recoñecerse nas múltiples experiencias de desorientación, incerteza ou perplexidade que nos aflixen.
    En BRUMARIO, a retroalimentación sonora revela relacións de interdependencia nun colectivo en movemento. E na confusa intersección que habita a performance, a instalación, a danza contemporánea, a arte sonora, a música contemporánea e o happening; os instrumentos, os músicos e os intérpretes acaban converténdose nun único corpo expandido que emite e recibe vibracións.
    Coincidindo co paso do Sol por Escorpio (entre o 22, 23 ou 24 de Outubro e o 20, 21 ou 22 de Novembro, segundo o ano) e proposto por Fabre d’Églantine para referirse ás “néboas baixas e transudacións da natureza de Outubro en Novembro”, Brumario (en francés Brumaire) é tamén o nome do segundo mes do calendario republicano francés. O 18 de Brumario do ano 18 (9 de novembro de 1799) Napoleón deu o golpe de estado que supuxo o fin da Revolución Francesa.
    Ramón Souto - composición e dirección musical
    Javier Martín - dirección escénica, coreografía e movemento
    VERTIXE SONORA
    Guillermina Gallardo - mezzosoprano
    Clara Saleiro - frauta
    Noelia Fraga, Pablo Coello - saxofóns
    Carlos Cortés - trompeta
    Victor Freire - trompa
    María Mogas - acordeón
    David Durán, Luís Martínez - piano, órgano
    Diego Ventoso, Pablo Paz - percusión
    Nacho Barcia, Ramón Souto - dispositivos de son e performance
    Octavio Mas - iluminación
    Sebastián Yepes - difusión sonora
    Sabela Mendoza e Vertixe Sonora - produción

Комментарии •