Chus Pato Un poema pénsase con versos finais

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 сен 2024
  • Chus Pato (Galicia 1955) é unha das voces máis representativas da poesía galega contemporánea. É autora de once poemarios, publicados entre 1991 e 2019, polos que recibiu varios premios, como o Nacional da Crítica Española e en dúas ocasións o Losada Diéguez. Destacamos a pentaloxía Decrúa, antes método que inclúe m-Talá, Charenton, Hordas de escritura, Secesión e Carne de Leviatán. Ademais da súa importante proxección no ámbito anglosaxón (Gran Bretaña, Irlanda, Canadá e EE UU), os seus libros foron editados en países como Arxentina, Portugal, Holanda ou Bulgaria; do mesmo xeito seleccións dos seus poemas foron publicados en catalán, éuscaro, polaco, árabe clásico, francés, romanés , ruso, alemán e esloveno. A súa obra foi recollida en decenas de antoloxías nacionais e internacionais.
    Participou en múltiples festivais tanto no continente americano como en Europa e África. En 2015 a súa voz foi incorporada ás gravacións da Woodberry Poetry Room de Havard. O 23 de setembro do 2017 ingresou como membro de número na Real Aca demia Galega. En 2022 leu na cidade de Ptuj a súa “Carta aberta a Europa”. Vive preto da fraga de Catasós, onde se conservan os castiñeiros máis altos de Europa.
    Un poema pénsase con versos finais
    A seguinte afirmación - un tratado filosófico e un poema son feitos lingüísticos- non ofrece dúbidas, pero se preguntamos, ambas escrituras pensan? A resposta afirmativa non sería unánime. Sosterei na miña disertación que o pensamento é común para ambas as dúas e tratarei de precisar as semellanzas e as diferenzas entre ambos tipos de reflexión. Trazarei un percorrido a través de palabras como: escritura, imaxe, voz, lingua/linguaxe e materna co fin de achegarme ao tipo de lingua coa que se escribe un poema, e finalmente falarei daqueles poemas que son e non son un poema.

Комментарии •