LABRANDO MÚSICAS. 30 Anos da mostra de instrumentos de música tradicional de Pardiñas

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 11 сен 2024
  • “A Mostra de Instrumentos para min é o corazón, a alma, do festival”, di Alfonso Blanco, promotor dun dos eventos de maior raizame social e cultural de Galicia que é o Festival de Pardiñas. As súas palabras escóitanse no documental “Labrando Músicas”, un traballo producido polos cineastas Olaia Tubío e Alejandro Gándara que, ademais, é o director artístico do mesmo. Unha peza audiovisual que se suma á conmemoración do 30 aniversario da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, e que narra a historia e (tamén a intrahistoria) deste proxecto, cun importante traballo de recuperación de gravacións e imaxes de arquivo, algunhas tan significativas como aquel pregón da primeira Mostra a cargo do vello mestre Xosé Seivane, falecido en 2012.
    No documental interveñen artesáns como Oli Xiráldez, Xermán Arias ou Julia Martín Ramírez, unha das artesás que se incorpora nos últimos tempos á Mostra; mestres de baile como Gustavo Couto e músicos como Pepe Ferreirós (Milladoiro). Especial relevancia teñen as palabras de Xaneco Tubío, hoxe presidente da Asociación de Gaiteiros/as Galegos/as e promotor da Mostra hai trinta anos, aventura que el mesmo arrancou con quince artesáns, a primeira da península, inspirada por eventos internacionais como o Festival de Luthiers et Maitres Sonneurs de Saint-Chartier ou o mesmo Festival de Lorient.
    A Mostra rompeu os “misterios” e acabou coa competencia no gremio; converteuse no punto de encontro e comunicación dos artesáns. Entre sí e, fundamental, cos músicos. Podemos ver en “Labrando Músicas” como tamén foi pioneira no que hoxe é unha das súas actividades máis lucidas: os multitudinarios obradoiros de baile en Pardiñas.
    “Labrando músicas” permítenos coñecer de preto o traballo dos artesáns da música tradicional aquí e agora; a Mostra axudou á profesionalización do sector, e a través das imaxes do documental podemos entender porque os construtores de Galicia son referentes en Europa. Hai futuro, coinciden. Hoxe en día hai ao redor de 150 obradoiros en Galicia, e a AGG, promotora da Mostra, conta con máis de 800 socios e socias. Xa non se gardan os instrumentos na igrexa pola noite; hoxe a montaxe da Mostra é un exemplo de seguridade e comodidade para os diferentes obradoiros que van expoñer o seu traballo. Pero o que si persiste é a complicidade, a comunicación e o sentimento de pertencer á gran familia da artesanía musical galega. A tradición non para. Que así sexa.
    O documental “Labrando Músicas” conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña.
    Dirección e montaxe: Alejandro Gándara Porteiro
    Produción: Olalla Tubío e Alejandro Gándara
    Fotografía e posprodución: Manuel Lucas Mariño
    Son: Gloria Tavares
    Posprodución de son: Lois Búa Sambad

Комментарии • 1

  • @colchoneslyr
    @colchoneslyr 8 месяцев назад

    @robertovaquero_ dime se isto non é parte do teu mesmo país, hay que ter en conta moitas máis cousas que as túas populachadas, felices festas!!!. Somos idiomas españois e parte do estado tamén!!!