Canto de liño de Goxán, Callón e Maneo de Xaviña, Coristanco - Davide Salvado e Fransy González.

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 10 сен 2024
  • Centro Comunitario de Caión - 12 Novembro de 2021.
    DAVIDE SALVADO.
    Nado en Marín en 1981.
    Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, xunto a Ugia Pedreira, Ramon Pinheiro e Richard Rivera. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. É cantante na Banda das Crechas.
    • Davide Salvado: Maneo
    FRANSY GONZÁLEZ.
    É unha das voces máis representativas da música tradicional galega.
    Dende moi nova formou parte do grupo de pandereteiras “Xiradela”, froito do cal se creou un grupo de investigación coa finalidade de recoller cantigas tradicionais da comarca de Bergantiños. Este feito marca profundamente a traxectoria vital e profesional de Fransy, xa que accede directamente ás fontes: os informantes galegos dos anos 80. Deste xeito realiza un intenso labor de recuperación e divulgación do repertorio vocal tradicional.
    Ao longo da súa carreira, Fransy gravou e colaborou con artistas como Carlos Núñez, Dulce Pontes, Jordi Savall, Erik Marchand, Kepa Junkera ou The Chieftains, entre outros.
    Queridiña doenche os ollos
    tamén a min doenme os meues
    vainos lavar queridiña
    onde a troita lava os seues
    Ai lela lela lelela
    Eu caseime na montaña
    terra de moito pane
    o forno da miña sogra
    bota silvas todo o verane
    Ai lela lela lelela
    Nena que vendes as peras
    cantas te mandaron dare
    para ti meu queridiño
    non as mandaron contare

Комментарии •